DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Martes, 15 de outubro de 2024 Páx. 54668

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 2 de outubro de 2024, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a Resolución do 1 de outubro de 2024, relativa á solicitude de revisión de esbozo formulada polos representantes do monte veciñal en man común Lamas, pertencente á Comunidade de Montes Veciñais en Man Común das Lamas, no concello de Padrenda.

Examinada a solicitude de revisión de esbozo formulada polos representantes do MVMC Lamas, pertencente á CMVMC das Lamas, no concello de Padrenda, resultan os seguintes

Feitos:

Primeiro. O 30.9.2022 a CMVMC das Lamas presentou unha solicitude (Rexel núm. 2022/401218) de revisión de esbozo do MVMC Lamas, no concello de Padrenda.

Coa solicitude achegaron a seguinte documentación:

– Certificación do acordo da Asemblea Xeral do 24.9.2022.

– Memoria e planos.

– Arquivos xeográficos en formato vectorial.

Segundo. O Servizo de Montes da Xefatura Territorial de Ourense emitiu un informe favorable o día 3 de novembro de 2023 en relación coa citada solicitude.

Consideracións legais e técnicas:

Único. A Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, na súa disposición transitoria décimo terceira, establece o procedemento de revisión de esbozos de montes veciñais en man común.

De acordo con esta, os esbozos de montes veciñais integrados nun expediente que, pola súa antigüidade non reúnan as características de fiabilidade e precisión que exixen as novas técnicas topográficas poderán ser obxecto de revisión axustándose e completándose con aqueles datos e documentos que se consideren necesarios, en particular os requiridos para a súa inmatriculación no Rexistro da Propiedade.

De acordo cos feitos e fundamentos de dereito expostos, e tendo en conta o informe favorable do Servizo de Montes do día 3 de novembro de 2023, o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común acordou por unanimidade o día 9 de setembro de 2024:

Aprobar a proposta de revisión de esbozo do MVMC Lamas, pertencente á CMVMC das Lamas, no concello de Padrenda.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Ourense, 2 de outubro de 2024

José Antonio Armada Pérez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Ourense

ANEXO

missing image file