DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Martes, 15 de outubro de 2024 Páx. 54664

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

EDICTO do 2 de outubro de 2024, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a resolución do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Ampliación de Serra de Toro, a favor da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Toro, no concello de Laza.

En cumprimento do disposto no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise público que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión que tivo lugar o 9 de setembro de 2024, adoptou a seguinte resolución:

Examinado o expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Ampliación de Serra de Toro, a favor da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Toro, no concello de Laza, resultan os seguintes feitos:

Primeiro. Con data do 25 de novembro de 2022 tivo entrada no rexistro da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural escrito dirixido ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común da CMVMC de Toro, en que solicitaba a clasificación como veciñal en man común de varias parcelas denominadas Ampliación de Serra de Toro.

Segundo. Con data do 11 de decembro de 2023, o xurado provincial acorda iniciar o expediente de clasificación como veciñal en man común do referido monte, designando instrutor e realizando as comunicacións e publicacións a que fan referencia os artigos 20, 21 e 23 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, abrindo un período de un mes para a práctica de alegacións.

Terceiro. No prazo concedido para a práctica de alegacións non consta que se presentase ningunha.

Cuarto. O monte obxecto de clasificación, de acordo coa documentación que figura no expediente, descríbese así:

Nome do monte: Ampliación de Serra de Toro.

Superficie: 41,15 ha.

Pertenza: CMVMC de Toro.

Parroquias: Toro (San Lourenzo) e Camba (San Salvador).

Concello: Laza.

Descrición dos predios que constitúen o monte:

Predio único:

Os terreos incluídos neste predio constitúen un único couto redondo, segundo a definición que figura no artigo 8 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, ben que están atravesados polos camiños correspondentes ás parcelas coas referencias catastrais 32040A13609008, 32040A13609010, 32040A13709003, 32040A13709004, 32040A13709006, 32040A13709007 e 32040A13709008.

Parcelas obxecto de

clasificación

Parcelas estremeiras

Referencia catastral

Lindes

Referencia catastral

32040A13600349 (parte)

32040A13600350

32040A13700010 (parte)

32040A13700111

32040A13700131

32040A13700132

32040A13700135

32040A13700136

32040A13700137

32040A13700139

32040A13700145

Norte

32040A13700005

32040A13700006

32040A13700008

32040A13700009

32040A13700036

32040A13700037

32040A13700081

32040A13700080

32040A13700082

32040A13700083

32040A13700084

32040A13700085

32040A13700077

32040A13700088

32040A13700089

32040A13709008

32040A13700099

32040A13700110

32040A13700114

32040A13700115

32040A13700116

32040A13700118

32040A13700119

32040A13700120

Leste

32040A12509007

32040A13700121

32040A13700122

32040A13700123

32040A13700124

32040A13700125

32040A13700127

32040A13700128

32040A13700129

Sur

32040A12409001

32040A12309004

32040A13709002

Oeste

32040A13609007

32040A13609010

32040A13709009

32040A13609011

32040A13600349 (resto)

32040A13609008

32040A13700010 (resto)

Fundamentos de dereito:

Primeiro. O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común é o órgano competente para coñecer os expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter, de acordo co establecido no artigo 9 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Segundo. De conformidade co disposto no artigo 1 da devandita lei «son montes veciñais en man común... os que, con independencia da súa orixe, as súas posibilidades produtivas, o seu aproveitamento actual e a súa vocación agraria, pertenzan a agrupacións veciñais na súa calidade de grupos sociais e non como entidades administrativas, e se veñan aproveitando consuetudinariamente en réxime de comunidade sen asignación de cotas polos membros daquelas na súa condición de veciños».

Terceiro. É reiterada doutrina da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo que son dúas as notas características dos montes veciñais en man común: unha, o aproveitamento consuetudinario en man común, e outra, a atribución da titularidade dese aproveitamento aos veciños integrantes dun grupo social determinado, independentemente da súa cualificación ou non como entidade administrativa, correspondendo constatar o aproveitamento e atribuír a titularidade a favor do grupo social que o veña gozando ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense.

Cuarto. O carácter de monte veciñal en man común acreditouse mediante as testemuñas dos veciños solicitantes, as actuacións realizadas polo Servizo de Montes, e a documentación que consta no expediente.

En consecuencia co que antecede, examinada a Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, o seu regulamento, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, o Decreto 148/2024, do 20 de maio, que establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural, e demais normativa legal e regulamentaria, o xurado provincial, por unanimidade dos seus membros,

RESOLVE:

Clasificar como monte veciñal en man común o monte denominado Ampliación de Serra de Toro, a favor da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Toro, no concello de Laza, de acordo coa descrición realizada no feito cuarto.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto no artigo 12 da citada Lei 13/1989, nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Ourense, 2 de outubro de 2024

José Antonio Armada Pérez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de
Montes Veciñais en Man Común de Ourense