DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Martes, 15 de outubro de 2024 Páx. 54594

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

EXTRACTO da Orde do 11 de outubro de 2024 pola que se amplía o gasto máximo autorizado da Orde do 2 de xullo de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2024 para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos colectivos, financiados polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), para a restauración da biodiversidade e dos ecosistemas mariños mediante medidas de conservación no marco de actividades marisqueiras sustentables (código de procedemento PE209B).

BDNS (Identif.): 773466.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Entidades beneficiarias

Poderán ser beneficiarias das subvencións as confrarías de pescadores e federacións destas, as organizacións de produtores pesqueiros, as entidades asociativas xuridicamente recoñecidas e constituídas por profesionais do sector pesqueiro, e as entidades sen ánimo de lucro integradas exclusivamente polas confrarías de pescadores e federacións destas.

Segundo. Obxecto

Esta orde ten por obxecto ampliar o crédito máximo destinado a financiar as axudas a proxectos colectivos, financiados polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), para a restauración da biodiversidade e dos ecosistemas mariños mediante medidas de conservación no marco de actividades marisqueiras sustentables, con cargo á aplicación orzamentaria 46.03.723A.770.1, código de proxecto 2024 142, na anualidade 2025 da convocatoria 2024, nun importe de 55.000 €.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 2 de xullo de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2024 para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos colectivos, financiados polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), para a restauración da biodiversidade e dos ecosistemas mariños mediante medidas de conservación no marco de actividades marisqueiras sustentables (código de procedemento PE209B).

Cuarto. Contía

No ano 2024 as axudas concederanse con cargo á aplicación orzamentaria 46.03.723A.770.1, código de proxecto 2024 142, na cal existe crédito adecuado e suficiente nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024.

O importe máximo das subvencións que se concedan en 2024 será dun millón oitocentos cinco mil euros, distribuído en dúas anualidades:

– Anualidade 2024: 1.000.000,00 €.

– Anualidade 2025: 805.000,00 €.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

A publicación desta orde de ampliación de crédito non implicará a modificación do prazo establecido para presentar solicitudes

Santiago de Compostela, 11 de outubro de 2024

Marta Barreiro Castro
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar