IV. Oposicións e concursos
Consellería de Facenda e Administración Pública
CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 23 de setembro de 2024, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, pola que se fai pública a baremación definitiva da fase de concurso de determinados corpos, escalas e especialidades.
Advertido un erro na Resolución do 23 de setembro de 2024, publicada no Diario Oficial de Galicia número 194, do 8 de outubro de 2024, cómpre facer a seguinte corrección:
Na páxina 53768, no anexo, onde di:
|
Escala de arquitectos técnicos. Especialidade de enxeñaría técnica en topografía.
|
Debe dicir:
|
Escala de enxeñeiros técnicos. Especialidade de enxeñaría técnica en topografía.
|