IV. Oposicións e concursos
Consellería de Facenda e Administración Pública
CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 23 de setembro de 2024, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, nas categorías do grupo II de persoal laboral da Xunta de Galicia, e persoal laboral propio do Cixtec (grupo II), pola que se se fai pública a baremación definitiva da fase de concurso de determinadas categorías.
Advertido un erro na Resolución do 23 de setembro de 2024, publicada no Diario Oficial de Galicia número 194, do 8 de outubro de 2024, cómpre facer a seguinte corrección:
Na páxina 53766, no título do anexo, onde di:
«Categorías de persoal laboral do grupo II das cales se publica
o baremo provisional»
Debe dicir:
«Categorías de persoal laboral do grupo II das cales se publica
o baremo definitivo»