Resolución do 10 de setembro de 2024, do Concello da Illa de Arousa (Pontevedra), pola que se anuncia a oferta de emprego público de 2024.
Provincia: Pontevedra.
Corporación: A Illa de Arousa.
Oferta de emprego público correspondente ao exercicio de 2024.
Persoal funcionario
Grupo segundo artigo 76 e disposición transitoria terceira do Real decreto lexislativo 5/2015, de 30 de outubro: C1.
Clasificación: escala de Administración especial, subescala de servizos especiais.
Clase: policía local.
Denominación: oficial da Policía Local.
Número de vacantes: 1.
Persoal laboral
Grupo segundo o convenio colectivo: agrupación de profesionais (antigo grupo E).
Clasificación: escala de Administración especial.
Clase: persoal de oficios.
Denominación: operario de obras e servizos.
Número de vacantes: 1
A Illa de Arousa, 10 de setembro de 2024
Luis Arosa García
Alcalde
