DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Martes, 15 de outubro de 2024 Páx. 54685

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO de nomeamento como funcionarios/as de carreira de dúas auxiliares pola quenda libre e tres auxiliares pola quenda de promoción interna.

A concellería responsable da Área de Servizos non Territorializados, mediante resolucións do 22.7.2024, nomeou funcionarios/as de carreira deste Concello a:

– Francisco José Iglesias Amoedo, con DNI ***0171**, para ocupar unha praza de auxiliar administrativo da escala de Administración xeral, integrada dentro do grupo C, subgrupo C2, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas polo sistema de promoción interna, da OEP do ano 2023.

– Agustín Corredoira Piay, con DNI ***2978**, para ocupar unha praza de auxiliar administrativo da escala de Administración xeral, integrada dentro do grupo C, subgrupo C2, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas polo sistema de promoción interna, da OEP do ano 2023.

– Irene Rodríguez Quinta, con DNI ***8025**, para ocupar unha praza de auxiliar administrativo da escala de Administración xeral, integrada dentro do grupo C, subgrupo C2, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas polo sistema de promoción interna, da OEP do ano 2023.

– María José Quintáns Acuña, con DNI ***2377**, para ocupar unha praza de auxiliar administrativa da escala de Administración xeral, integrada dentro do grupo C, subgrupo C2, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas polo sistema de oposición libre, da OEP do ano 2023.

– Marta Freire Riobó, con DNI ***1845**, para ocupar unha praza de auxiliar administrativa da escala de Administración xeral, integrada dentro do grupo C, subgrupo C2, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas polo sistema de oposición libre, da OEP do ano 2023.

Os devanditos nomeamentos efectuáronse segundo as propostas dos tribunais cualificadores, dos cales se dá publicidade de conformidade co disposto no artigo 17 do Decreto 95/1991, do 20 de marzo.

Contra as devanditas resolucións de nomeamento, que poñen fin á vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpor ben recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, ao abeiro do establecido no artigo 124.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra.

Non obstante, os/as interesados/as tamén poderán interpoñer calquera outro recurso que consideren procedente conforme dereito.

Pontevedra, 8 de agosto de 2024

O alcalde
P.D. (Acordo da Xunta de Goberno local do 18.7.2024)
Eva María Villaverde Pego
Concelleira responsable da Área de Servizos non Territorializados