A Xunta de Goberno local do Concello de Santiago de Compostela, na sesión ordinaria celebrada o 23 de setembro de 2024, adoptou o seguinte acordo:
Primeiro. Aprobar inicialmente o estudo de detalle do polígono de solo urbano non consolidado NC-19 (Torreira-O Avío), formulado por iniciativa particular de Promociones V Coruña, S.L.
O proxecto que se somete a aprobación inicial presentouse no Concello o día 10.9.2024 e consta asinado polos arquitectos Alfonso Salgado e Francisco Xabier Liñares.
Segundo. En aplicación do procedemento regulado nos artigos 80.2 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, e 194.2 do seu regulamento, o estudo de detalle inicialmente aprobado someterase a información pública durante o prazo dun mes mediante anuncios que se publicarán no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión na provincia. Simultaneamente practicarase notificación persoal ás persoas que figuran no Catastro como titulares dos terreos afectados.
Durante o trámite de información pública solicitarase o informe da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural.
Terceiro. No documento que se someta a aprobación definitiva integraranse os criterios de urbanización sinalados no informe do arquitecto municipal emitido o 17 de setembro de 2024.
O ámbito do estudo de detalle abrangue a parcela catastral 7197212NH3479E0001JP.
Figuran adscritas ao polígono NC-19 as seguintes parcelas, cualificadas como sistema xeral (ZV-5 Parque da Almáciga):
• 79825C6NH3478D0001ZU
• 79825C7NH3478D0001UU
As persoas interesadas poderán consultar o expediente e alegar por escrito durante o prazo dun (1) mes. Este prazo comezará o día seguinte ao da última publicación deste anuncio.
A documentación pode consultarse no Servizo de Planeamento e Xestión Urbanística do Concello de Santiago (Pazo de Raxoi, 2º andar), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas; e na páxina web do Concello https://transparencia.santiagodecompostela.gal/Estudo-de-detalle-do-poligono-de-solo-urbano-non-consolidado-NC19.-Torreira--O-Avio/gl
As alegacións poderanse presentar na sede electrónica do Concello de Santiago de Compostela na epígrafe «Catálogo de trámites» a través do trámite «Presentación de documentación e alegacións» e da opción «Achega libre». Deberase introducir o dato 2024/8456S no campo «Referencia» e incorporar o documento das alegacións. Tamén se poderán presentar as alegacións por calquera dos outros medios relacionados no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2024
A alcaldesa
P.D. (DEC/2023/8135, do 17 de xuño)
Iago Lestegás Tizón
Concelleiro delegado de Urbanismo, Vivenda e Cidade Histórica
