DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Martes, 15 de outubro de 2024 Páx. 54689

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sarria

ANUNCIO da convocatoria do proceso selectivo para a provisión dun posto de auxiliar de clínica no organismo autónomo Residencia de Maiores Nosa Señora do Carme.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 229, do 2.10.2024, publicáronse integramente as bases do proceso de provisión dun posto de auxiliar de clínica no organismo autónomo Residencia de Maiores Nosa Señora do Carme, dependente do Concello de Sarria, polo sistema de concurso-oposición, pola quenda libre.

De conformidade co disposto nas citadas bases, o prazo de presentación de solicitudes será de quince (15) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Os sucesivos anuncios realizaranse na sede electrónica do organismo autónomo: https://residenciamaioresnosasradocarme.sedelectronica.gal

Sarria, 2 de outubro de 2024

Claudio Melquíades Garrido Martínez
Alcalde