A Xunta de Goberno local, en sesión ordinaria do 4.10.2024, acordou o nomeamento como persoal funcionario de carreira, para ocupar a praza vacante de inspector auxiliar de servizos (grupo C, subgrupo C2, escala Administración especial, promoción interna) incluída na OEP 2017-2018-2019, a favor de:
M. Román Breijo, con DNI ***8993**.
A persoa interesada deberá tomar posesión no prazo dun mes a partir da publicación do seu nomeamento no DOG. No caso de non facelo, será declarada en situación cesante e, consecuentemente, decaída no seu dereito.
Ao dito nomeamento dáselle publicidade consonte o establecido nas bases do proceso selectivo e na lexislación de función pública vixente.
Vigo, 8 de outubro de 2024
O alcalde
P.D. (Resolución da Alcaldía do 28.6.2024)
María Olga Alonso Suárez
Concelleira delegada de Normalización Lingüística, Educación,
Recursos Humanos e Formación
P.D. (Resolución da Alcaldía do 28.6.2024 e
Acordo da Xunta de Goberno local do 28.6.2024)
Patricia Rodríguez Calviño
Concelleira da Área de Goberno de Seguridade, Contratación,
Festas e Xestión Municipal
