Expediente 3320/2024.
A Xunta de Goberno Local do Concello de Vilalba, en sesión que tivo lugar o día 2 de setembro de 2024, acordaba aprobar a oferta de emprego público ordinaria correspondente ao ano 2024 no ámbito do Concello de Vilalba, coa seguinte relación de prazas ofertadas:
Persoal funcionario
|
Denominación do posto |
Escala |
Subescala |
Grupo de clasificación profesional |
Sistema de acceso |
|
Técnico medio xestión SS económicos |
Administración xeral |
Técnica de xestión |
A2 |
Promoción interna |
|
Inspector xefe |
Administración especial |
Servizos especiais/Policía local. Escala executiva |
A2 |
Mobilidade |
|
Policía local |
Administración especial |
Servizos especiais/Policía local. Escala básica |
C1 |
Oposición libre |
|
Policía local |
Administración especial |
Servizos especiais/Policía local. Escala básica |
C1 |
Oposición libre |
|
Encargado punto limpo |
Administración especial |
Servizos especiais/Persoal de oficios. Encargado punto limpo |
C2 |
Concurso-oposición libre |
|
Técnico medio xestión secretaría-urbanismo |
Administración xeral |
Técnica de xestión |
A2 |
Oposición libre |
Persoal laboral asimilado a funcionario
|
Denominación do posto |
Grupo profesional* |
Grupo funcionario |
Sistema de acceso |
|
Chofer |
IV |
C2 |
Concurso-oposición libre |
|
Albanel |
IV |
C2 |
Concurso-oposición libre |
|
Encargado almacén |
IV |
C2 |
Concurso-oposición libre |
|
Electricista |
IV |
C2 |
Contrato de relevo |
|
Peón obras |
V |
AP |
Concurso-oposición libre |
|
Encargado servizos múltiples |
III |
C1 |
Promoción interna |
*Artigo 80 do Convenio colectivo do persoal laboral do Concello de Vilalba.
De conformidade coa parte dispositiva do referido acordo, e en cumprimento do disposto no artigo 70.2 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, procédese á súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Vilaba, 12 de setembro de 2024
Marta María Rouco Seoane
Alcaldesa
