DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Martes, 15 de outubro de 2024 Páx. 54693

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilalba

ANUNCIO das bases e da convocatoria para a provisión de posto/praza de bibliotecario/a (C2) con vínculo de laboral fixo.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 206, do 5 de setembro de 2024, publícanse integramente as bases que rexerán a convocatoria de probas selectivas para a provisión dunha praza de bibliotecario/a, persoal laboral fixo, correspondente ao grupo profesional IV (artigo 80 do Convenio colectivo do persoal laboral do Concello de Vilalba), con grupo/subgrupo funcionarial de equivalencia C2, mediante o sistema de oposición libre.

De conformidade co disposto no artigo 205.4 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, procédese á publicación do anuncio de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases.

Vilalba, 13 de setembro de 2024

Marta María Rouco Seoane
Alcaldesa