De conformidade cos artigos 40, 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar en tempo e forma efectuar as notificacións dos actos administrativos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio emprázanse, para notificar os actos administrativos de citación, as persoas interesadas que se sinalan no dito anexo.
Para coñecer o contido íntegro dos actos que se notifican, as ditas persoas interesadas, por si mesmas ou a través das persoas que as representen debidamente acreditadas, poderán comparecer no prazo de dez días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal do Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade, Sección de Cualificación e Valoración de Discapacidades, sitas no Edificio Administrativo Monelos, ala sur, rúa Vicente Ferrer, nº 2, 15008 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Advírtese que, de non atender ao establecido no acto de citación unha vez practicada a súa notificación por comparecencia ou logo do seu vencemento, de acordo co disposto no artigo 95 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, transcorridos tres meses sen realizar as actividades necesarias para continuar coa tramitación, producirase a caducidade do procedemento pola paralización imputable á persoa interesada e acordarase o arquivamento das actuacións logo da resolución, que será notificada á dita persoa interesada.
A Coruña, 26 de setembro de 2024
María Blanco Aller
Directora territorial da Coruña
ANEXO
|
Procedemento BS611A Expediente |
Persoa interesada |
Acto administrativo |
Data do acto administrativo |
|
2024/11404-1 |
58057296Y |
Citación para o recoñecemento |
5.9.2024 |
|
2024/0879-1 |
36168334Y |
Citación para o recoñecemento |
5.9.2024 |
|
2024/4713-1 |
53300595G |
Citación para o recoñecemento |
13.9.2024 |
|
2024/11438-1 |
55044648J |
Citación para o recoñecemento |
27.8.2024 |
|
2024/5736-1 |
33049427Z |
Citación para o recoñecemento |
5.9.2024 |
|
2024/3120-1 |
47371807H |
Citación para o recoñecemento |
11.9.2024 |
