DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Mércores, 16 de outubro de 2024 Páx. 54909

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 3 de outubro de 2024, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se comunican a data do depósito previo á ocupación e o requirimento das follas de valoración nun expediente de expropiación forzosa no concello de Toén (expediente IN407A 2024/24-3).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio os titulares que figuran no anexo son informados da data do depósito previo á ocupación que realiza a empresa beneficiaria en relación coa expropiación sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada regulamentación LMTA CAS806 no treito entre os apoios núm. D156-14 e núm. D156-16 (Toén), situada no concello de Toén.

Así mesmo, e de acordo co artigo 29 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa, son requiridos para que presenten ante o Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Ourense, no prazo de vinte (20) días hábiles contados a partir do seguinte ao desta publicación no BOE, a súa folla de valoración, en que concretarán de xeito motivado o valor en que estiman a servidume imposta e alegarán o que coiden conveniente ao seu dereito. A dita valoración poderá estar avalada pola sinatura dun perito.

Ourense, 3 de outubro de 2024

Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, con enderezo ignorado
ou non notificados

Nº de expediente: IN407A 2024/24-3.

Instalación: regulamentación LMTA CAS806 no treito entre os apoios núm. D156-14 e núm. D156-16 (Toén).

Concello: Toén.

Empresa beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Predio núm.

Lugar

Referencia catastral

Titular

Incidencia

Data do
depósito previo

1

Queimadas

32082A093003460000LB

María Cruz

Enderezo descoñecido

30.9.2024