DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Mércores, 16 de outubro de 2024 Páx. 54907

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 3 de outubro de 2024, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se notifica ás persoas interesadas a Resolución do 30 de setembro de 2024 relativa a instalacións eléctricas no concellos de Cartelle e Castrelo de Miño, na provincia de Ourense (expediente IN407A 2024/043-3).

Mediante a Resolución do 30 de setembro de 2024, do Departamento Territorial de Ourense, concedéronse as autorizacións administrativas previa e de construción e declaráronse, en concreto, de utilidade pública, para os efectos da urxente ocupación, as instalacións eléctricas nos concellos de Cartelle e Castrelo de Miño (expediente IN407A 2024/043-3).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázanse os titulares dos predios que no anexo se relacionan para seren notificados por comparecencia, por non ter sido posible efectuar a notificación prevista na citada norma.

As persoas interesadas, ou os seus representantes, deberán comparecer no prazo de dez (10) días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), neste departamento territorial da Consellería de Economía e Industria en Ourense, na rúa Curros Enríquez, nº 1, 3º (Servizo de Enerxía e Minas), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no TEU.

Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 3 de outubro de 2024

Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado ou non notificados

Núm. de expediente: IN407A 2024/043-3.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: regulamentación da LMTA CAS805 no treito entre os apoios núm. D23-23 e núm. D23-23-6.

Termo municipal: lugar de Celaguantes, concellos de Cartelle e Castrelo de Miño.

– Situación: concello de Castrelo de Miño.

Predio núm. en proxecto: 1; referencia catastral: 32023A076001220000HU.

Lugar: Monte Serra.

Cultivo: monte alto.

Titular: CMVMC da Serra.

Afeccións: ocupación de 2 m2 para o apoio D23-23-2.

– Situación: concello de Cartelle.

• Predio núm. en proxecto: 2; referencia catastral: 32021A524000010000UE.

Lugar: Vila da Loba.

Cultivo: monte alto.

Titular: CMVMC Os Pereiros.

Afeccións: ocupación de 2 m2 para o apoio D23-23-3.

• Predio núm. en proxecto: 3; referencia catastral: 32021A524000070000UA.

Lugar: Vila da Loba.

Cultivo: monte alto.

Titular: CMVMC Os Pereiros

Afeccións: ocupación de 2 m2 para o apoio D23-23-4.

• Predio núm. en proxecto: 4; referencia catastral: 32021A524000070000UA.

Lugar: Vila da Loba.

Cultivo: monte alto.

Titular: CMVMC Os Pereiros.

Afeccións: ocupación de 2 m2 para o apoio D23-23-5.