O que subscribe Cándido Rivas Campo, veciño de camiño de Figueiras de Reboreda, lugar de Santo Paio de Abaixo, parroquia de Santa María de Reboreda, concello de Redondela (Pontevedra), pola presente convoco á asemblea xeral ordinaria todos os usuarios de augas, da Comunidade de Usuarios de Canudo-Redondela, que terá lugar o 17 de novembro de 2024, ás 9.30 e ás 10.00 horas, en primeira e segunda convocatoria, respectivamente, na Sociedade Labrego Cultural de Reboreda, coa seguinte orde do día:
1. Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.
2. Estado de contas.
3. Informe do estado da concesión.
4. Comentar o estado das instalacións e posibles melloras.
5. Autorización da Xunta de Goberno para solicitar subvencións para o período 2024-2025.
6. Rogos e preguntas.
Redondela, 24 de setembro de 2024
Cándido Rivas Campo
Presidente da Comunidade de Usuarios de Canudo-Redondela
