DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Mércores, 16 de outubro de 2024 Páx. 54998

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilanova de Arousa

ANUNCIO de aprobación definitiva do Plan especial de infraestruturas e dotacións para a instalación dun centro de talasoterapia, espazos libres e zona deportiva no lugar do Terrón, Vilanova de Arousa.

O Pleno do Concello de Vilanova de Arousa, en sesión ordinaria do 30.9.2024, acordou:

Primeiro. Aprobar definitivamente o Plan especial de infraestruturas e dotacións para a instalación dun centro de talasoterapia, espazos libres e zona deportiva no lugar do Terrón, Vilanova de Arousa.

Segundo. Ordenar aos servizos municipais que continúen coa tramitación do expediente, segundo o disposto nos artigos 75, 82 e 88 da Lei 2/2016, do 16 de febreiro, do solo de Galicia (LSG), e nos artigos 186 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei do solo de Galicia (RSG).

O contido íntegro do plan e a indicación das medidas adoptadas para o seguimento dos efectos no ambiente, así o como extracto elaborado con carácter previo á aprobación do documento (que inclúe a xustificación da integración no plan dos aspectos ambientais, a xustificación de como se tomaron en consideración no plan o estudo ambiental estratéxico, os resultados da información pública e de consultas, e a declaración ambiental estratéxica, as discrepancias xurdidas no proceso e razóns da alternativa seleccionada), están á disposición do público na sede electrónica do Concello de Vilanova de Arousa: https://sede.vilanovadearousa.gal/

Contra o acordo de aprobación definitiva do citado plan especial poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Vilanova de Arousa, 10 de outubro de 2024

Gonzalo Durán Hermida
Alcalde