DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Xoves, 17 de outubro de 2024 Páx. 55241

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 4 de outubro de 2024, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se notifica ás persoas interesadas a Resolución do 2 de outubro de 2024 relativa a instalacións eléctricas no concello do Pereiro de Aguiar, na provincia de Ourense (expediente IN407A 2024/071-3).

Por Resolución do 2 de outubro de 2024, do Departamento Territorial de Ourense, concedéronse as autorizacións administrativas previa e de construción e declaráronse, en concreto, de utilidade pública, para os efectos da urxente ocupación, as instalacións eléctricas no concello do Pereiro de Aguiar (expediente IN407A 2024/071-3).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázanse os titulares do predio que no anexo se relaciona para ser notificados por comparecencia, por non ter sido posible efectuar a notificación prevista na citada norma.

As persoas interesadas, ou os seus representantes, deberán comparecer no prazo de dez días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, neste Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria en Ourense, na rúa Curros Enríquez nº 1-3º (Servizo de Enerxía e Minas), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no TEU.

Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 4 de outubro de 2024

Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado ou non notificados

Núm. de expediente: IN407A 2024/071-3.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: regulamentación LMTA VLL813 no treito entre apoios núm. D62 e núm. 65.

Termo municipal: lugar da Derrasa, no concello do Pereiro de Aguiar.

Predio núm. en proxecto: 1; referencia catastral: 32059A078001450000OY.

Lugar: Souto de Pontecana.

Cultivo: monte baixo.

Titular: hdros. de Carmen Pereira Dibuja.

Afeccións: ocupación de 2 m2 para o apoio núm. 63.