DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Xoves, 17 de outubro de 2024 Páx. 55243

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 7 de outubro de 2024, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se notifican a resolución do expediente sancionador e as cartas de pagamento en materia de industria (expediente IN635C SANC-IND OU 2024/18-3).

De conformidade co establecido no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por medio do presente anuncio notifícanselle á persoa citada no anexo os actos que se indican, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar.

En cumprimento do disposto no artigo 46 da citada lei, as persoas interesadas poderán comparecer nun prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), para examinar estes actos nas dependencias da Área Xurídica do Departamento Territorial de Ourense da Consellería de Economía e Industria, situadas na rúa Curros Enríquez 1, 4º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Os actos adoptounos quen se indica no anexo.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida para todos os efectos legais desde o día seguinte ao vencemento do prazo indicado. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Ourense, 7 de outubro de 2024

Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Número de expediente

Actos notificados

NIF
da persoa interesada

Persoa
que adopta o acto

Data do acto

IN635C SANC-IND OU 2024/18-3

Resolución e cartas de pagamento

44476338L

A directora territorial

24 de setembro de 2024