Ricardo Lourido Santoro, con DNI ***2751**, e actuando como presidente da Comunidade de Usuarios Barreiras e Cernadas, mediante este anuncio convoco todos os usuarios desta comunidade á asemblea xeral ordinaria que terá lugar o vindeiro día 17 de novembro de 2024 na casa do pobo do Val e Sobral (Soutomaior), as 10.30 horas en primeira convocatoria e as 11.00 horas en segunda convocatoria, conforme a seguinte orde do día, e aprobación, se é o caso, do que proceda:
1. Lectura da acta anterior.
2. Estado de contas.
3. Informes da Xunta de Goberno.
4. Autorización das obras realizadas.
5. Autorización da Xunta de Goberno para determinar restricións acordes ao caudal de cada época.
6. Autorización para incluír novos comuneiros.
7. Rogos e preguntas.
Soutomaior, 21 de setembro de 2024
Ricardo Lourido Santoro
Presidente da Comunidade de Usuarios Barreiras e Cernadas
