A Dirección da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica, en virtude das competencias atribuídas polo Patronato,
RESOLVE:
Acordar a publicación do anuncio da convocatoria do proceso selectivo para a selección dun posto de coordinador/a técnico de biobanco e dous postos de investigador/a do Proxecto Xenoma Galicia, para cubrir mediante un contrato de traballo laboral denominado contrato de actividades científico-técnicas, con duración condicionada á existencia de financiamento.
As persoas interesadas terán á súa disposición toda a documentación relativa ao proceso en: www.sergas.es (Recursos Humanos/Emprego Público/Outros procesos selectivos/FP Galega de Medicina Xenómica).
O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia, debendo presentar a súa solicitude a través do enderezo rrhh.fpgmx.santiago@sergas.es
Santiago de Compostela, 7 de outubro de 2024
Ángel Carracedo Álvarez
Director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica
