DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Xoves, 17 de outubro de 2024 Páx. 55265

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Coles

ANUNCIO de ampliación da oferta de emprego público de 2024.

Mediante a Resolución da Alcaldía deste concello, do 13 de setembro de 2024, aprobouse a ampliación da oferta de emprego público para o ano 2024, con inclusión da seguinte praza:

– Unha praza de técnico local de emprego-funcionario/a (grupo A2), da escala da Administración xeral (subescala técnica). Proceso de funcionarización.

O que se publica en cumprimento do artigo 91 da Lei 7/1985, e do artigo 70 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público.

Coles, 13 de setembro de 2024

Manuel Rodríguez Vázquez
Alcalde