De conformidade co establecido na base 12.3 das bases xerais que regulan os procesos selectivos correspondentes ás prazas de estabilización de emprego temporal do Concello de Cervo incluídas na oferta de emprego público 2021 (BOP de Lugo do 31 de maio de 2022), e vistas as resolucións da Alcaldía polas que se aproba a contratación das persoas que superaron os procesos selectivos, procédese á publicación dos nomeamentos que derivan deles:
1. Resolución da Alcaldía núm. 2024-0885, do 16 de setembro de 2024, pola que se nomea a Iván García Lombardía, DNI ***3683**, como técnico informático do Concello de Cervo, grupo profesional C1, con xornada a tempo completo.
2. Resolución da Alcaldía núm. 2024-0883, do 16 de setembro de 2024, pola que se nomea a Ana Belén Campo Vázquez, DNI ***9573**, como administrativa de persoal do Concello de Cervo, grupo profesional C1, xornada a tempo completo.
3. Resolución da Alcaldía núm. 2024-0882, do 16 de setembro de 2024, pola que se nomea a Manuel García Enríquez, DNI ***9599**, como peón pintor do Concello de Cervo, grupo profesional AP, xornada a tempo completo.
4. Resolución da Alcaldía núm. 2024-0893, do 19 de setembro de 2024, pola que se nomea a Álvaro García Lombardía, DNI ***8193**, como conserxe colexios e instalacións municipais, grupo profesional AP, xornada a tempo completo.
A formalización do preceptivo contrato laboral que deberá producirse, en todo caso, no prazo máximo dun (1) mes desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da provincia de Lugo.
Cervo, 20 de setembro de 2024
María Dolores García Caramés
Alcaldesa
