DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Xoves, 17 de outubro de 2024 Páx. 55261

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 17 de setembro de 2024, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Palas de Rei (expediente DH.A27.101528).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: María Vázquez Ferro.

DNI: ***2559**.

Expediente: DH.A27.101528.

Volume total anual: 72 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 0,021 l/s.

Destino: doméstico.

Orixe: x= 585.252,10, y= 4.746.838,42; (fuso29 ETRS89).

Lugar: O Miogo.

Parroquia: Remonde (San Miguel).

Concello: Palas de Rei.

Descrición do aproveitamento:

O aproveitamento consistirá na captación de auga dun pozo de barrena de 70 m de profundidade e 250 mm de diámetro, situado na parcela de R.C. 27040A014000530000UQ, mediante bomba de 2,5 CV, e a súa condución mediante tubaxe de 40 mm de diámetro ata a vivenda de R.C. 000600200NH84F0001EK, para uso doméstico.

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) e nas oficinas deste servizo territorial situadas na rúa Tomiño, núm. 16, baixo, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña), para facilitar esta consulta poderá solicitar cita previa no teléfono 981 54 39 60.

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2024

Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica Galicia Centro