DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Xoves, 17 de outubro de 2024 Páx. 55259

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 16 de setembro de 2024, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Porto do Son (expediente DH.A15.95781).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Ana María Franco Chouza/CCUU Fontes de Prado.

DNI: ***5154**.

Expediente: DH.A15.95781.

Volume total anual: 11.451,64 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 0,411 l/s.

Destino: uso gandeiro, rega, lavadoiros, picho e muíño.

Orixe: presa no rego de Corral de Abaixo.

Lugar: Esparelle.

Parroquia: Caamaño.

Concello: Porto do Son.

Descrición do aproveitamento:

As augas cáptanse nunha antiga presa nas coordenadas UTM X=498.381 Y=4.722.607, e desde esta derívanse por unha banda para o muíño de Franco ou Serro, e pola outra para abastecer mediante tubos de PE de 25 mm de diámetro e canles feitas en pedra diferentes puntos de consumo, incluíndo dous lavadoiros, pichos, rega e uso gandeiro en varias parcelas.

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) e nas oficinas deste servizo territorial situadas na rúa Tomiño, núm. 16, baixo, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña), para facilitar esta consulta poderá solicitar cita previa no teléfono 981 54 49 27.

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2024

Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica Galicia Centro