DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Venres, 18 de outubro de 2024 Páx. 55622

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 30 de setembro de 2024 pola que se anuncia a poxa pública á alza para a venda e/ou constitución do dereito de superficie en parcelas resultantes do proxecto de parcelación da zona denominada área loxística empresarial da plataforma loxística e industrial de Salvaterra de Miño-As Neves (Plisan) (expediente PLISAN 2024/COMPRAVENDA-(4)-LE).

Advertido erro material detectado na resolución publicada no Diario Oficial de Galicia número 191, do 3 de outubro de 2024, é necesario efectuar a seguinte rectificación:

Na páxina 53343, no punto 7, no lugar e prazo de presentación das ofertas, onde di:

«As ofertas deberán remitirse por correo certificado, a través das oficinas de Correos, aos servizos centrais do Instituto Galego da Vivenda e Solo, situados en Área Central, s/n, polígono das Fontiñas, en Santiago de Compostela, ata as 14.00 horas do día 31 de xaneiro de 2025.

As ofertas remitidas por unha canle distinta ou a un lugar diferente ao indicado non serán admitidas.

O licitador deberá xustificar o mesmo día da remisión da documentación ou, como moi tarde, antes do vencemento do prazo sinalado para a presentación das ofertas, a través do correo electrónico ao enderezo contratacionigvs@xunta.gal, a data do envío na oficina de Correos e os datos identificativos da persoa ou entidade que remite a documentación. De non concorrer este requisito, tampouco será admitida a oferta.

Así mesmo, transcorridos dez días naturais contados desde o último para a presentación da oferta sen que se recibise esta, tampouco será admitida».

Debe dicir:

«As ofertas deberán remitirse a través do Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, situado no Edificio Administrativo de San Caetano, en Santiago de Compostela, ou en calquera dos lugares establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dirixido ao Instituto Galego da Vivenda e Solo.

A data límite para a presentación das ofertas será o 31.1.2025».