Cumpridos os trámites previstos na Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, acordouse, en virtude do indicado no seu artigo 70.13, dar publicidade ás resolucións, que poñen fin á vía administrativa, dos outorgamentos das seguintes concesións en dominio público portuario, con suxeición ás condicións estipuladas nos pregos de condicións correspondentes:
– Data da resolución: 16.7.2024.
Tipo de trámite: outorgamento de concesión no dominio público portuario.
Código da concesión: 12-11-21-C-1.
Obxecto da concesión: ocupación do dominio público portuario do edificio 12.11.edf.004 (antiga lonxa) titularidade de Portos de Galicia para o desenvolvemento das actividades de almacenaxe de caixas, apetrechos de pesca e medios mecánicos e vehículos non particulares da confraría, formación náutica, oficinas de control do marisqueo e almacenaxe.
Porto: Miño.
Concesionaria: Confraría de Pescadores de Miño.
Superficie concedida no título concesional: 466 m2.
Investimento: 0 €.
Prazo da concesión: dez (10) anos.
Taxas que se devindicarán a Portos de Galicia: en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario, 9.910,16 € anuais (IVE excluído), e en concepto de taxas por desenvolvemento de actividades comerciais ou industriais e de servizos, unha porcentaxe do importe neto da cifra de negocio anual que corresponderá ao 1,5 % das actividades portuarias de naves de almacenaxe, do 1,5 % das actividades portuarias de oficinas e do 1 % das actividades portuarias de medios mecánicos vinculados ás actividades portuarias e formación de ensinanzas náuticas.
Taxa TODP susceptibles de bonificación/s: si.
Taxa TODP con bonificación: 2.522,47 € anuais (IVE excluído).
– Data da resolución: 6.9.2024.
Tipo de trámite: outorgamento de concesión no dominio público portuario.
Código da concesión: 12-31-20-C-2.
Obxecto da concesión: edificio para fabricación de xeo e cámaras frigoríficas.
Porto: Muxía.
Concesionaria: Confraría de Pescadores de Muxía.
Superficie concedida no título concesional: 459 m2.
Investimento: 0 €.
Prazo da concesión: dez (10) anos.
Taxas que se devindicarán a Portos de Galicia: 5.632,27 € anuais (IVE excluído), en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario, e en concepto de taxas por desenvolvemento de actividades comerciais ou industriais e de servizos, unha porcentaxe do importe neto da cifra de negocio anual que corresponderá ao 1,0 % das actividades portuarias de cámaras de frío e do 1 % das actividades portuarias de fabricación de xeo.
Taxa TODP susceptibles de bonificación/s: si.
Taxa TODP con bonificación: 563,23 € anuais (IVE excluído).
– Data da resolución: 6.9.2024.
Tipo de trámite: outorgamento de concesión no dominio público portuario.
Código da concesión: 12-48-23-C-5.
Obxecto da concesión: ocupación de edificio para almacenamento de caixas, garaxe para medios mecánicos, cámaras de conxelación e venda directa de produtos do mar.
Porto: Ribeira.
Concesionaria: Confraría de Pescadores San Pedro de Riveira.
Superficie concedida no título concesional: 1.026 m2.
Investimento: 0 €.
Prazo da concesión: dez (10) anos.
Taxas que se devindicarán a Portos de Galicia: 32.877,84 € anuais (IVE excluído), en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario, e en concepto de taxas por desenvolvemento de actividades comerciais ou industriais e de servizos, unha porcentaxe do importe neto da cifra de negocio anual que corresponderá ao 1,0 % das actividades portuarias de cámaras de frío, do 1 % das actividades portuarias de medios mecánicos, do 1 % das actividades portuarias de almacenaxe de caixas e do 2 % das actividades non estritamente portuarias de venda directa de produtos do mar.
Taxa TODP susceptibles de bonificación/s: si.
– Data da resolución: 28.8.2024.
Tipo de trámite: modificación substancial de concesión no dominio público portuario.
Código da concesión: 13-30-17-C-1.
Obxecto da concesión: ocupación do dominio público portuario en superficie e varios edificios de titularidade de Portos de Galicia, para o desenvolvemento da actividade de explotación e xestión da lonxa, almacenamento de cabestrante, depósito de lancha de vixilancia e apetrechos.
Porto: A Guarda.
Concesionaria: Confraría de Pescadores da Guarda.
Superficie concedida no título concesional: 731 m2.
Investimento: 23.667,50 € (sen IVE).
Prazo da concesión: ata o 16.5.2033.
Taxas que se devindicarán a Portos de Galicia: 12.573,57 € anuais (IVE excluído), en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario, e en concepto de taxas por desenvolvemento de actividades comerciais ou industriais e de servizos, será de 0,0015 € por quilogramo de pesca vendida na lonxa e unha porcentaxe do importe neto da cifra de negocio anual que corresponderá ao 1,0 % das actividades portuarias de medios mecánicos vinculados ás actividades portuarias.
Taxa TODP susceptibles de bonificación/s: si.
Taxa TODP con bonificación: 1.257,36 € anuais (IVE excluído).
– Data da resolución: 16.9.2024.
Tipo de trámite: outorgamento de concesión no dominio público portuario.
Código da concesión: 13-21-22-C-1.
Obxecto da concesión: ocupación do dominio público portuario en superficie e do edificio 13.21.edf.001 (bar na antiga estación marítima) para o desenvolvemento da actividade de bar-cafetaría.
Porto: Moaña.
Concesionaria: Yolanda Santomé Paredes.
Superficie concedida no título concesional: 77 m2.
Investimento: 0 €.
Prazo da concesión: cinco (5) anos.
Taxas que se devindicarán a Portos de Galicia: 4.310,28 € anuais (IVE excluído), en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario, e en concepto de taxas por desenvolvemento de actividades comerciais ou industriais e de servizos, unha porcentaxe do importe neto da cifra de negocio anual que corresponderá ao 2 % das actividades non estritamente portuarias de bar-cafetaría.
Taxa TODP susceptibles de bonificación/s: non.
– Data da resolución: 13.8.2024.
Tipo de trámite: outorgamento de concesión no dominio público portuario.
Código da concesión: 14-01-24-C-4.
Obxecto da concesión: ocupación de edificio para almacén para a reparación e venda de embarcacións, motores e outros accesorios náuticos.
Porto: Ribadeo.
Concesionaria: Astur Sercomar, S.L.U.
Superficie concedida no título concesional: 80 m2.
Investimento: 0 €.
Prazo da concesión: dez (10) anos.
Taxas que se devindicarán a Portos de Galicia: 2.076,19 € anuais (IVE excluído), en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario, e en concepto de taxas por desenvolvemento de actividades comerciais ou industriais e de servizos, unha porcentaxe do importe neto da cifra de negocio anual que corresponderá ao 1,5 % das actividades portuarias de venda de embarcacións.
Taxa TODP susceptibles de bonificación/s: non.
– Data da resolución: 23.9.2024.
Tipo de trámite: outorgamento de concesión no dominio público portuario.
Código da concesión: 12-14-19-C-1.
Obxecto da concesión: ocupación do edificio 12.14.ed.002 para centro de descarga, fabricación xeo, cámaras de frío, oficinas confraría.
Porto: Lorbé.
Concesionaria: Confraría de Pescadores de Lorbé.
Superficie concedida no título concesional: 123 m2.
Investimento: 0 €.
Prazo da concesión: dez (10) anos.
Taxas que se devindicarán a Portos de Galicia: 1.462,50 € anuais (IVE excluído), en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario, e en concepto de taxas por desenvolvemento de actividades comerciais ou industriais e de servizos, será de 0,0015 € por quilogramo de pesca vendida na lonxa e unha porcentaxe do importe neto da cifra de negocio anual que corresponderá ao 1% das actividades portuarias de fabricación de xeo, do 1% das actividades portuarias de cámaras de frío e do 1% das actividades portuarias de departamentos de almacenamento de aparellos de pesca e/ou caixas.
Taxa TODP susceptibles de bonificación/s: si.
Taxa TODP con bonificación: 883,89 € anuais (IVE excluído).
– Data da resolución: 26.9.2024.
Tipo de trámite: outorgamento de concesión no dominio público portuario.
Código da concesión: 14-06-24-C-1.
Obxecto da concesión: edificio para bar, despacho de produtos de alimentación e bebidas e instalación dunha máquina de vending.
Porto: San Cibrao.
Concesionario: Óscar Miguélez Manzano.
Superficie concedida no título concesional: 86 m2.
Investimento: 0 €.
Prazo da concesión: cinco (5) anos.
Taxas que se devindicarán a Portos de Galicia: 4.651,42 € anuais (IVE excluído), en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario, e en concepto de taxas por desenvolvemento de actividades comerciais ou industriais e de servizos, unha porcentaxe do importe neto da cifra de negocio anual que corresponderá ao 2 % das actividades non estritamente portuarias de bar, despacho de produtos de alimentación e bebidas.
Taxa TODP susceptibles de bonificación/s: non.
Contra os citados actos administrativos que esgotan a vía administrativa cabe interpor recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous (2) meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución en que se faga público o outorgamento.
Non obstante, os interesados poderán interpor contra esta resolución recurso potestativo de reposición, no prazo dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao desta publicación, ante o mesmo órgano que a ditou, de acordo co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 7 de outubro de 2024
José Antonio Álvarez Vidal
Presidente de Portos de Galicia
