DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Venres, 18 de outubro de 2024 Páx. 55631

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Amoeiro

ANUNCIO dos procesos de estabilización do emprego temporal de 2024.

No Boletín Oficial da provincia de Ourense número 123, do 30 de maio de 2022, publicáronse integramente as bases xerais reguladoras da convocatoria do proceso selectivo por concurso correspondente ás prazas de estabilización do emprego temporal incluídas na oferta de emprego público extraordinaria de 2022.

No Boletín Oficial da provincia de Ourense número 299, do 31 de decembro de 2022, publicáronse integramente as bases específicas que rexerán a convocatoria para prover por concurso as seguintes prazas:

– Unha praza de peón de servizos múltiples, do cadro de persoal laboral fixo, para cubrir polo sistema de concurso, en quenda libre (proceso de estabilización do emprego temporal).

– Sete prazas de auxiliar de axuda no fogar, do cadro de persoal laboral fixo, para cubrir polo sistema de concurso, en quenda libre (proceso de estabilización do emprego temporal).

– Unha praza de condutor/a do tractor rozadora, do cadro de persoal laboral fixo, para cubrir polo sistema de concurso, en quenda libre (proceso de estabilización do emprego temporal).

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia de Ourense e na sede electrónica deste concello: https://amoeiro.sedelectronica.es/

Amoeiro, 14 de outubro de 2024

José Luis González López
Alcalde