DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Venres, 18 de outubro de 2024 Páx. 55632

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Cibrao das Viñas

ANUNCIO de requirimento de xestión da biomasa.

Ao non ser posible a práctica de comunicación aos titulares das referencias catastrais que se relacionan a continuación por causas non imputables a esta administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise pública a comunicación de xestión da biomasa co fin de que no prazo de quince (15) días, que comezarán a contarse o día seguinte ao da publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado, os interesados no procedemento procederan á xestión da biomasa, segundo o establecido nos artigos 135 e 136 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 21 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, así como á retirada de especies arbóreas prohibidas a que se refire o artigo 22 da citada lei.

A eficacia do acto notificado quedará demorada ata a publicación do pertinente anuncio do taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Así mesmo, ponse en coñecemento da persoa responsable que o contido íntegro da citada notificación, así como a totalidade do expediente administrativo, está á súa disposición nas oficinas municipais do Concello de San Cibrao das Viñas (Área de Medio Ambiente), situadas na praza da Constitución, das 9.00 ás 14.00 horas, os días laborables, de luns a venres.

Núm. expediente

Referencia catastral

Localización

Interesado

1630/2024

32076A04400220000UH

O Marcado

En investigación

1630/2024

32076A044002280000UL

O Marcado

En investigación

1121/2024

8639911NG9884S0001HE

Polígono industrial

Peim Park, S.L.

264/2024

32076A056006090000UU

A Lampaza

En investigación

San Cibrao das Viñas, 27 de setembro de 2024

Marta Nóvoa Iglesias
Alcaldesa