Ao non ser posible a práctica de notificación aos titulares das referencias catastrais que se relacionan a continuación, por causas non imputables a esta administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procede notificar mediante anuncio no Boletín Oficial del Estado, no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios do Concello, co fin de que no prazo de quince (15) días naturais, que comezará a contarse desde o día seguinte ao da publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado, os interesados no procedemento procedan á xestión da biomasa vexetal segundo o establecido nos artigos 135 e 136 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 21 e 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, así como á retirada de especies arbóreas prohibidas.
Así mesmo, ponse en coñecemento das persoas responsables que o contido íntegro das citadas notificacións, así como da totalidade do expediente administrativo, está á súa disposición para o seu exame e coñecemento, nas oficinas municipais do Concello de Vilarmaior, situadas na rúa Armada, nº 1, das 9.00 ás 14.00 horas, os días laborables, de luns a venres.
|
Referencia catastral |
Titular |
|
15092A022003440000BA |
Josefina García Ramos |
|
001800100NH79G0001HH |
María Carmen Ferreiro Espinosa |
Vilarmaior, 27 de setembro de 2024
Carlos Vázquez Quintián
Alcalde
