DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Venres, 18 de outubro de 2024 Páx. 55634

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico

ANUNCIO do 12 de setembro de 2024, da Subdirección Xeral de Minas, polo que se someten a información pública o plan de restauración e o proxecto de investigación da solicitude de outorgamento do permiso de investigación Padesa II 2ª fracción número 4.088, nos termos municipais de Carballeda de Valdeorras (Ourense) e Puente de Domingo Flórez (León).

O permiso de investigación mineiro Padesa II núm. 4.088 para recursos da sección C), lousas, cunha extensión de sete (7) cuadrículas mineiras, situado nos termos municipais de Carballeda de Valdeorras (Ourense) e Puente de Domingo Flórez (León), solicitado pola sociedade Cupire Padesa, S.A, está en trámite de outorgamento.

En aplicación do disposto no artigo 83 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 6 do Real decreto 975/2009, do 12 de xuño, sobre xestión dos residuos das industrias extractivas e de proxección e rehabilitación do espazo afectado por actividades mineiras, sométense a información pública o plan de restauración e o proxecto de investigación da solicitude de outorgamento do permiso de investigación Padesa II núm. 4.088, por un período de 30 días hábiles contados a partir do seguinte á data de publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado. O proxecto poderá ser examinado, nos días e horas hábiles de oficina, na Subdirección Xeral de Minas do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, Paseo de la Castellana, 160, 28046 Madrid, nas dependencias da Área Funcional de Industria e Enerxía da Subdelegación do Goberno en Ourense, sita no parque de San Lázaro, 1, 32003 Ourense, e nas dependencias da Área Funcional de Industria e Enerxía da Subdelegación do Goberno en León, sita na avenida de Asturias, 4, 24008 León, así como na epígrafe de Participación pública da web oficial do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (https://www.miteco.gob.es/es/energia/participacion.html).

As alegacións débense remitir á Subdirección Xeral de Minas do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, ao enderezo de correo electrónico bzn-sgminas@miteco.es, indicando no asunto «Alegacións solicitude permiso de investigación Padesa II», ou ben mediante un escrito dirixido á referida unidade, con enderezo en Paseo de la Castellana, 160, 28046 Madrid.

Madrid, 12 de setembro de 2024

Daniel Torrejón Braojos
Subdirector xeral de Minas