Antonio Fuentes Iglesias, veciño do lugar do Castro, parroquia de Méixome, concello de Lalín (Pontevedra), por medio deste anuncio convoco á asemblea xeral a todas as persoas usuarias da Comunidade de Augas de Meixome, co fin de constituírse en comunidade de usuarios e solicitar a correspondente concesión administrativa.
A asemblea terá lugar no campo da festa (teleclub de Méixome) o día 9 de novembro, ás 12.30 horas en primeira convocatoria, e ás 17.00 horas en segunda convocatoria, coa seguinte:
Orde do día.
1. Constitución da Comunidade, formación de relación nominal de usuarios, solicitude de concesión administrativa. Elección de nome e domicilio da Comunidade.
2. Aprobar as bases para a redacción de ordenanzas e regulamentos.
3. Designar a comisión encargada da dirección da comunidade e da redacción das ordenanzas e regulamentos.
4. Rogos e preguntas.
Méixome (Lalín), 27 de setembro de 2024
Antonio Fuentes Iglesias
Representante da Comunidade de Usuarios de Augas de Meixome
