A Fundación Pública Galega Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (FIDIS) anuncia a convocatoria de varios procesos selectivos para a contratación de vinte e dúas prazas de persoal de investigación.
As bases reguladoras dos procesos selectivos para a contratación do persoal estarán dispoñibles na páxina web da fundación: https://www.idisantiago.es/empleo/
O prazo de recepción de solicitudes finalizará aos dez días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2024
Isabel Lista García
Directora da Fundación Pública Galega Instituto de Investigación
Sanitaria de Santiago de Compostela (FIDIS)
