DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Venres, 18 de outubro de 2024 Páx. 55504

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 1 de outubro de 2024 pola que se resolve o procedemento de integración como persoal laboral da Xunta de Galicia do persoal laboral fixo do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

Advertido erro na dita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 198, do 14 de outubro, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 54424, na disposición segunda, onde di: «..., e deberá tomar posesión no prazo de seis días hábiles desde o seguinte ao da publicación desta resolución, ...», debe dicir: «..., o prazo para a toma de posesión finaliza o día 31 de outubro de 2024, ...».