DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Venres, 18 de outubro de 2024 Páx. 55502

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

EXTRACTO da Orde do 10 de outubro de 2024 pola que se convocan axudas destinadas á preparación e aplicación dos plans de produción e comercialización de organizacións de produtores pesqueiros e asociacións de produtores pesqueiros, no ámbito exclusivo da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), executados no ano 2023 (código de procedemento PE155C).

BDNS: (Identif.): 791073.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) y 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvenciones (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Beneficiarios

Poderán ser beneficiarios das subvencións as organizacións de produtores pesqueiros do ámbito exclusivo da Comunidade Autónoma de Galicia, inscritas no Rexistro de Organizacións de Produtores Pesqueiros e Asociacións de Organizacións de Produtores establecido no artigo 8 do Real decreto 277/2016, do 24 de xuño.

Segundo. Finalidade

Esta orde ten por obxecto convocar axudas, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas á preparación e aplicación dos plans de produción e comercialización, executados durante a anualidade 2023, das organizacións de produtores pesqueiros do ámbito exclusivo da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo establece a sección IV do capítulo II do Regulamento (UE) núm. 1379/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 11 de decembro de 2013; no artigo 66 do Regulamento (UE) 508/2014 do Parlamento Europeo e do Consello, do 15 de maio de 2014, e no artigo 15.5 do Real decreto 277/2016, do 24 de xuño.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 26 de setembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de diferentes liñas de axudas ás organizacións de produtores do sector pesqueiro e da acuicultura no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia no marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) para o período 2021-2027. Códigos de procedemento PE155C e PE155D (DOG núm. 193, do 7 de outubro).

As bases reguladoras foron publicadas no Diario Oficial de Galicia número 193, do 7 de outubro de 2024.

Cuarto. Importe

Para o ano 2024 o importe total máximo das subvencións que se concedan será de 2.250.000,00 euros, e as axudas concederanse con cargo ás aplicacións orzamentarias 2024.46.02.723B.780.0 e 2024. 46.02.723B.770.0, que figuran dotadas no orzamento de gastos da Consellería do Mar para o ano 2024.

Aplicación orzamentaria

Organización

Importe

2024.46.02.723B.780.0

Sen ánimo de lucro

1.600.000,00

2024. 46.02.723B.770.0

Con ánimo de lucro

650.000,00

TOTAL

2.250.000,00 €

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

No caso de que o último día sexa inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2024

Marta Barreiro Castro
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar