DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Venres, 18 de outubro de 2024 Páx. 55525

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

ORDE do 10 de outubro de 2024 pola que se declara deserto un posto vacante nesta consellería, convocado para a súa provisión, polo sistema de libre designación, mediante a Orde do 19 de xuño de 2024.

Mediante a Orde do 19 de xuño de 2024, publicada no Diario Oficial de Galicia número 123, do 26 de xuño, convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo vacante nesta consellería que se detalla no anexo.

De conformidade co establecido na base sexta da dita orde, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Declarar deserto o posto de traballo que se indica no anexo desta orde.

Segundo. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso potestativo de reposición ante esta consellería no prazo dun mes, que se contará desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses, que se contarán a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contenciosa-administrativa.

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2024

José González Vázquez
Conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración

ANEXO I

Código: EI.C05.00.000.15770.001.

Consellería: Emprego, Comercio e Emigración.

Denominación do posto: secretario/a do/da director/a xeral.

Dependencia: Dirección Xeral de Comercio e Consumo.

Localidade: Santiago de Compostela.

Corpo ou escala: xeral.

Grupo/subgrupo: C1-C2.

Nivel: 18.

Complemento específico: 7.714.00 €/ano.

Tipo de adscrición: A11 (adscrición indistinta a persoal funcionario da Xunta de Galicia, Estado e comunidades autónomas).

Formación específica: 640-para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego (requisito indispensable).