Mediante a Resolución reitoral do 5 de abril de 2024 (DOG do 18 de abril), convocáronse probas selectivas para cubrir corenta e catro (44) prazas da categoría profesional de técnico de servizos xerais, pola quenda de promoción interna.
Mediante a Resolución reitoral do 25 de xuño de 2024 (DOG do 3 de xullo), aprobouse a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas nas mencionadas probas selectivas, e fixouse un prazo para emendar os defectos que motivaron a exclusión ou omisión.
Rematado o dito prazo e consonte o establecido na base 4.4 da convocatoria,
RESOLVO:
Primeiro. Aprobar e facer pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas nas citadas probas.
Segundo. Indicar que a citada listaxe definitiva está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web:
https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado
Terceiro. Convocar as persoas aspirantes admitidas e que non están exentas deste exercicio, para a realización do primeiro exame da fase de oposición (proba de galego) o día 18 de decembro de 2024, ás 9.00 horas, na aula 3 da Biblioteca Concepción Arenal, Campus Vida, Santiago de Compostela.
A publicación dos sucesivos anuncios de realización dos demais exercicios efectuaraa o tribunal no taboleiro electrónico da universidade e na páxina web:
https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición no prazo de un mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 7 de outubro de 2024
Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela
