DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Luns, 21 de outubro de 2024 Páx. 55668

III. Outras disposicións

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 11 de outubro de 2024, da Xerencia da Área Sanitaria de Vigo, pola que acorda a inclusión da Asociación Huntington Galicia no Consello Asesor de Pacientes desta área sanitaria.

De acordo coa Orde do 16 de outubro de 2018, pola que se regulan a composición e o réxime de funcionamento dos consellos asesores de pacientes de área, publicada o día 31 de outubro de 2018 no Diario Oficial de Galicia,

ACÓRDASE:

Primeiro. Anunciar a incorporación da Asociación Huntington Galicia ao Consello Asesor de Pacientes da Área Sanitaria de Vigo.

Vigo, 11 de outubro de 2024

Francisco Javier Puente Prieto
Xerente da Área Sanitaria de Vigo