Mediante a Resolución do director da Axencia de Turismo de Galicia, do 21 de agosto de 2024, realizouse a aprobación técnica previa do proxecto de trazado do itinerario peonil no treito do Camiño de Santiago (Camiño Portugués, Interior e pola Costa) en Caldas de Reis (Pontevedra), no marco do fomento da mobilidade sustentable, que se tramitará segundo o disposto nos artigos 19 e seguintes da Lei 18/2021, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas.
Considerando o exposto e o establecido na normativa vixente,
ACORDO:
Primeiro. Someter ao trámite de información pública o proxecto de trazado do itinerario peonil no treito do Camiño de Santiago (Camiño Portugués, Interior e pola Costa) en Caldas de Reis, de clave 2024/117, para que as persoas que o consideren oportuno poidan formular, mediante un escrito dirixido á Axencia de Turismo de Galicia, as alegacións que crean convenientes relativas á concepción global da actuación e das distintas alternativas analizadas, de ser o caso, de acordo co disposto no artigo 21 da Lei 18/2021, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas.
Segundo. Someter ao trámite de información pública a relación individual dos bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto, descritos na relación anexa, para que calquera persoa poida achegar por escrito os datos oportunos para rectificar os posibles erros da relación publicada ou oporse, por razóns de fondo ou forma, á necesidade da ocupación. Neste caso, indicará os motivos polos que deba considerarse preferente a ocupación doutros bens ou a adquisición doutros dereitos distintos e non comprendidos na relación, como máis conveniente ao fin que se persegue, de acordo co disposto nos artigos 17, 18 e 19 da Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa.
Terceiro. O prazo para presentar alegacións será de trinta (30) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
A documentación que compón o proxecto estará á disposición da cidadanía na sede central da Axencia de Turismo de Galicia (estrada Santiago-Noia, km 3, A Barcia, 15896 Santiago de Compostela), na Área Provincial de Pontevedra (avenida Mª Victoria Moreno, 43, 6º, 36071 Pontevedra) e na Casa do Concello de Caldas de Reis (rúa Ferreira, 1, 36650 Caldas de Reis, Pontevedra).
Así mesmo, na páxina web da Axencia de Turismo de Galicia https://www.turismo.gal/canle-institucional/transparencia/procedementos-de-informacion-publica atópase á disposición das persoas interesadas o documento completo do proxecto sometido a información pública.
Santiago de Compostela, 7 de outubro de 2024
José Manuel Merelles Remy
Director da Axencia de Turismo de Galicia
ANEXO
Relación dos bens, dereitos e propietarios afectados
Itinerario peonil no treito do Camiño de Santiago (Camiño Portugués, Interior e pola Costa) en Caldas de Reis.
Clave: 2024/117.
Concello de Caldas de Reis.
|
Nº |
Referencia catastral |
Polígono |
Parcela |
Titular |
NIF |
Clase de solo |
Clasificación |
Situación básica do solo (Real decreto lexislativo 7/2015) |
Expropiación |
Bens afectados |
|
1 |
36005A024002410000TP |
24 |
241 |
María Dolores Castro de la Torre |
***3576** |
Núcleo rural |
Solo de núcleo rural (tradicional grao 2)-NR-12 O Gorgullón |
Urbanizado |
125 |
|
|
2 |
36005A024000090000TY |
24 |
9 |
Serafín Iglesias Busto |
***1630** |
Núcleo rural |
Solo de núcleo rural (tradicional grao 2)-NR-12 O Gorgullón |
Urbanizado |
142 |
4 ud froiteiros 1 ud figueira |
|
3 |
36005A024000080001YZ |
24 |
8 |
Marina García Rey |
***2862** |
Núcleo rural |
Solo de núcleo rural (tradicional grao 2)-NR-12 O Gorgullón |
Urbanizado |
99 |
42 m2 emparrado |
