DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Luns, 21 de outubro de 2024 Páx. 55691

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 22 de agosto de 2024, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización de aproveitamento das augas minerais naturais procedentes da captación denominada O Paraño 101, S-2, no concello de Boborás.

Para os efectos previstos no artigo 13 do Decreto 402/1996, do 31 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de aproveitamento de augas mineromedicinais, termais e dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia, da letra b) do artigo 3 do Real decreto 1798/2010, do 30 de decembro, polo que se regula a explotación e comercialización de augas minerais naturais e augas de manancial envasadas para consumo humano, no relativo a augas nacionais, sométese á información pública a solicitude de autorización de aproveitamento das augas minerais naturais procedentes da captación denominada O Paraño 101, S-2 que se cita:

– Nome: O Paraño 101, S-2.

– Recurso: sección B) auga mineral natural.

– Concello: Boborás.

– Procedencia de extracción: nacional.

– Titular: Aguas do Paraño, S.L.

– Situación: coordenadas UTM (ETRS 89) fuso 29: X=562.668,78 e Y=4.704.924,92.

O que se fai público para o coñecemento xeral, así como, en particular, dos propietarios dos terreos, bens e dereitos comprendidos no perímetro de protección, para que poidan examinar o proxecto xeral de aproveitamento, se for o caso, presentar as alegacións ou observacións que coiden oportunas dentro do prazo de quince (15) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.

Toda a documentación poderase examinar neste departamento territorial da Consellería de Economía e Industria de Ourense, rúa Curros Enríquez, núm. 1, 32003 Ourense, e na seguinte ligazón web da Consellería:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/explotacions-mineiras

Ourense, 22 de agosto de 2024

Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense