Conforme o previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE número 236, do 2 de outubro), notifícanselles ás persoas que se relacionan no anexo as resolucións ditadas pola persoa titular do Departamento Territorial de Pontevedra nos expedientes sancionadores número PO-00414-O-2024 e dous máis, por infracción da normativa sobre transporte terrestre, ao resultar infrutuosa a súa notificación postal. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.
O texto íntegro da resolución que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, está á disposición das persoas interesadas no Servizo de Mobilidade do Departamento Territorial de Pontevedra.
Comunícaselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante a directora xeral de Mobilidade da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.
En caso de conformidade coa resolución sancionadora, as persoa interesadas deberán naboar a multa imposta empregando o modelo impreso que se facilitará no Servizo de Mobilidade do Departamento Territorial de Pontevedra.
No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, efectuarase o seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o previsto na normativa vixente.
Pontevedra, 7 de outubro de 2024
O xefe do Servizo de Mobilidade de Pontevedra
P.S. (Resolución do 14.7.2022)
José Jorge Martínez Fernández
Xefe da Sección Xurídica I
ANEXO
|
Expediente Matrícula |
DNI/CIF da persoa sancionada |
Infracción cometida Data e hora Estrada e p.q. |
Precepto cualificador |
Precepto sancionador |
Sanción |
|
PO-00414-O-2024 0837-BDH |
X7988955C |
Exceso de peso superior ao 5 % 5.11.2023; 17.21.00; N-541; 75,0 |
Art. 142.2 da LOTT |
Art. 143.1.c) da LOTT |
301 euros |
|
PO-02718-O-2023 9309-HMR |
76734357D |
Minoración do descanso diario reducido (sobre 9 horas) Igual ou superior a 8 horas e inferior a 9 horas. 9.3.2023; 20.24.00; PO-531; 1,204 |
Art. 142.17 da LOTT Art. 199.18 da ROTT |
Art. 201.a) da ROTT Art. 143.1 da LOTT |
100 euros |
|
PO-04762-O-2023 OR-7694-O |
76934366X |
Exceso de peso superior ao 5 % 14.7.2023; 11.34.00; N-552; 8,484 |
Art. 142.2 da LOTT |
Art. 143.1.c) da LOTT |
301 euros |
