Conforme o previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE número 236, do 2 de outubro), notifícanselles ás persoas que se relacionan no anexo os acordos de inicio ditados pola persoa titular do Servizo de Mobilidade de Pontevedra nos expedientes sancionadores número PO-01524-O-2024 e catro máis, por infracción da normativa sobre transporte terrestre, ao resultar infrutuosa a súa notificación postal. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.
O texto íntegro do acordo que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, está á disposición das persoas interesadas no Servizo de Mobilidade do Departamento Territorial de Pontevedra.
Outorgáselles un prazo quince (15) días hábiles, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, para alegar o que consideren conveniente, e presentarán ou proporán as probas que consideren oportunas.
No suposto de que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta (30) días, contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.
Pontevedra, 7 de outubro de 2024
O xefe do Servizo de Mobilidade
P.S. (Resolución do 14.7.2022)
José Jorge Martínez Fernández
Xefe da Sección Xurídica I
ANEXO
|
Expediente Matrícula |
DNI/CIF da persoa denunciada |
Infracción denunciada Data-hora-estrada-p.q. |
Precepto cualificador |
Precepto sancionador |
Sanción proposta |
|
PO-01524-O-2024 9687-DPP |
35568176X |
Atenuante-Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante. 13.3.2024; 10.10.00; AP-9; 157,0 |
Artigo 141.25 en relación co 140.1 da LOTT |
Artigo 143.1.k) en relación coa letra f) da LOTT |
801 euros |
|
PO-01641-S-2024 3108JJS |
Y7070806E |
Atenuante-Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante. 13.3.2024; 10.10.00; r/ Vigo, nº 5 |
Artigo 141.25 en relación co 140.1 LOTT |
Artigo 143.1.k) en relación coa letra f) da LOTT |
801 euros |
|
PO-02168-O-2024 2250-DFR |
Y1528511Z |
Atenuante-Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante. 16.5.2024; 13.50.00; A-55; 11,05 |
Artigo 141.25 en relación co 140.1 da LOTT |
Artigo 143.1.k) en relación coa letra f) da LOTT |
801 euros |
|
PO-02225-O-2024 9660-FNB |
76987548Q |
Non levar a bordo do vehículo a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo. 6.6.2024; 18.2.00; PO-331; 8,802 |
Artigo 199.9 da ROTT Artigo 142.8 da LOTT |
Artigo 201.b) do ROTT Artigo 143.1 da LOTT |
201 euros |
|
PO-02296-O-2024 3587-JGD |
76905905T |
Realizar transporte público de mercadorías utilizando un/unha condutor/a que carece do CAP. 11.6.2024; 17.00.00; PO-342; 8,945 |
Artigo 140.18 da LOTT Artigo 197.19 do ROTT |
Artigo 143.1 da LOTT Artigo 201.h) do ROTT |
2.001 euros |
