DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Luns, 21 de outubro de 2024 Páx. 55646

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

ORDE do 10 de outubro de 2024 pola que se nomea un novo membro do Consello Galego de Relacións Laborais en representación da Confederación de Empresarios de Galicia.

De acordo co disposto no artigo 7 da Resolución do 23 de outubro de 2008 (DOG número 221, do 13 de novembro), pola que se dispón a publicación do Regulamento interno de organización e funcionamento do Consello Galego de Relacións Laborais, as organizacións sindicais e empresariais designarán os seus membros representativos, que serán nomeados pola persoa titular da consellería competente en materia de traballo.

Facendo uso da posibilidade de substitución que recolle o artigo 7 da dita resolución, a Confederación de Empresarios de Galicia acordou o nomeamento dun membro suplente do Pleno do Consello Galego de Relacións Laborais.

Por todo o exposto, ao abeiro do artigo 7 da referida Resolución do 23 de outubro de 2008, e en uso das atribucións que teño conferidas,

DISPOÑO:

Artigo único

Nomear como membro suplente do Pleno do Consello Galego de Relacións Laborais, en representación da Confederación de Empresarios de Galicia, a Luis Abelleira Mayor, en substitución de Guadalupe Hervera Iglesias.

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2024

José González Vázquez
Conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración