De conformidade co establecido na norma 9.3 do Acordo do Consello da Xunta de Galicia polo que se autorizan os criterios de repartición e a convocatoria do Fondo de Acción Social para o exercicio económico do ano 2023, relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidade para o persoal da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico enunciadas na letra a) do artigo 45 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, aprobados polo Consello da Xunta de Galicia do 6 de maio de 2024 e publicados por Resolución da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal do 13 de maio de 2024 (DOG número 98, do 22 de maio), o anuncio de exposición das listaxes definitivas de admitidos e excluídos publicarase no Diario Oficial de Galicia.
Dado que nas listaxes figuran datos de carácter identificativo de características persoais, económicas ou de saúde protexidos pola Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, cuxa publicación pode lesionar o dereito constitucional á intimidade das persoas solicitantes ou causantes das axudas, cómpre realizar a publicación coas limitacións e reservas establecidas no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Dando cumprimento ao prescrito, esta dirección xeral
RESOLVE:
Primeiro. Facer públicas as listaxes definitivas das axudas aprobadas e denegadas dos criterios de repartición do Fondo de Acción Social do exercicio económico 2023 relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidade na páxina web da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal http://funcionpublica.xunta.es/?q=FAS
Para o coñecemento íntegro do acto, as persoas solicitantes deberán introducir nos espazos habilitados para o efecto o NIF e o código de impresión da súa solicitude.
Segundo. Contra esta resolución as persoas interesadas poderán presentar recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Os recursos deberán dirixirse á persoa titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal da Consellería de Facenda e Administración Pública.
Santiago de Compostela, 11 de outubro de 2024
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
ANEXO
|
Tipo de axudas |
Entradas |
Aprobadas |
Denegadas |
Importe |
|
Atención de persoas con discapacidade |
1.017 |
920 |
97 |
1.877.802,00 euros |
