De acordo co previsto no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), onde se establece que as consellerías e entidades dependentes da Xunta de Galicia deberán remitir para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior e, en virtude das facultades que teño concedidas,
RESOLVO:
Único. Facer pública a relación de convenios subscritos polo Instituto Galego de Estatística nos meses de maio, xuño, xullo e agosto que se xunta a esta resolución.
Santiago de Compostela, 11 de outubro de 2024
José Antonio Campo Andión
Director do Instituto Galego de Estatística
ANEXO
|
Convenio |
Data da sinatura |
Importe |
|
Convenio sobre a cooperación estatística e o intercambio de información entre o Instituto Nacional de Estatística e o Instituto Galego de Estatística. |
31.5.2024 |
0 € |
|
Convenio de cooperación educativa entre a Universidade de Vigo e o Instituto Galego de Estatística para realizar as prácticas académicas externas curriculares non remuneradas por parte do estudantado. |
16.7.2024 |
0 € |
