O 12 de setembro de 2024, o Pleno do Concello de Oroso adoptou este acordo:
«Primeiro. Aprobar inicialmente a modificación puntual núm. 12 do Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Oroso (documento asinado con data do 16 de xullo de 2024) nos termos que constan no expediente 2024/U032/000001.
Segundo. Iniciar un período de información pública do expediente durante 2 meses, mediante anuncio no taboleiro de edictos do Concello, no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión da provincia. Durante o devandito período o expediente quedará á disposición de calquera que queira examinalo para que se presenten as alegacións que se consideren pertinentes.
Terceiro. Trasladar a documentación da modificación puntual á Dirección Xeral de Urbanismo, co fin de que realice as consultas previstas no documento de alcance do estudo ambiental estratéxico, dar audiencia aos concellos limítrofes e solicitar os informes sectoriais autonómicos preceptivos».
O prazo da exposición pública do expediente iniciarase o día seguinte ao que se publique este anuncio no Diario Oficial de Galicia.
A documentación do expediente está ao dispor do público na Oficina Municipal de Urbanismo, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.
Oroso, 24 de setembro de 2024
Alexánder Doval Expósito
Alcalde
