DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Luns, 21 de outubro de 2024 Páx. 56132

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilalba

ANUNCIO das bases e da convocatoria para a provisión dunha praza de oficial electricista con vínculo laboral fixo.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo, número 231, do 4 de outubro de 2024, publícanse integramente as bases que rexerán a convocatoria de probas selectivas para a provisión dunha praza de oficial electricista (C2), para a súa contratación mediante contrato de remuda, e a formación dunha bolsa para cubrir necesidades futuras, mediante o sistema de concurso-oposición libre.

De conformidade co disposto no artigo 205.4 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, publícase o anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases.

Vilalba, 4 de outubro de 2024

Marta María Rouco Seoane
Alcaldesa