En cumprimento do previsto no artigo 78.ter.2.a) do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de autorización de obras:
Solicitante: Filiberto Castro Marantes.
DNI: ***2442**.
Expediente: DH.W15.103379.
Lugar: Tatín.
Parroquia: Ouces (San Xoán).
Concello: Bergondo (A Coruña).
Descrición das actuacións:
Peche de parcela, de referencia catastral 1687211NH6918M0001HL, mediante muro de formigón e rematado con postes e malla tipo hércules.
A documentación pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) e nas oficinas deste servizo territorial situadas na rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 9º andar, 15008 da Coruña, con cita previa no teléfono 981 18 25 30.
Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
A Coruña, 12 de setembro de 2024
Néstor Rodríguez Arias
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Norte
