DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Luns, 21 de outubro de 2024 Páx. 56112

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 8 de outubro de 2024, do Departamento Territorial de Vigo, polo que se notifica o inicio do expediente PSC-PO-0467/2024-PPM e seis máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o inicio do expediente PSC-PO-0467/2024-PPM e seis máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar alegacións computarase desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas do Departamento Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 4º andar, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de quince (15) días para achegar cantas alegacións, documentos ou informacións xulguen pertinentes e, de ser o caso, propoñer proba en que concreten os medios de que pretendan valerse, segundo o disposto no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

De non efectuar alegacións sobre o contido do acordo de inicio no prazo previsto no artigo citado, poderá ser considerado proposta de resolución, cos efectos previstos para esta no artigo 89.2 da Lei 39/2015, do 1 do outubro, de conformidade co establecido no artigo 64.2.f) citado.

Vigo, 8 de outubro de 2024

María Elena Suárez Sarmiento
Directora territorial de Vigo

ANEXO

Nº expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-PO-0467/2024-PPM

78736973S

Inicio

Estrada Isamil, 350 (Meira), Moaña

PSC-PO-0535/2024-ORS

35304751G

Inicio

Casas, 18, Miraflores, Sanxenxo

PSC-PO-0544/2024-V

34954411P

Inicio

Avda. Compostela, 173, O Carballiño

PSC-PO-0556/2024-PPM

77402946B

Inicio

Anafáns, 25, Poio

PSC-PO-0574/2024-V

78731867S

Inicio

Rúa dos Pinos, 4, Cangas

PSC-PO-0581/2024-PPM

36175025G

Inicio

Laureano Salgado, 3, Baiona

PSC-PO-0600/2024-PPM

76931222V

Inicio

Piñeiros, 11, Sanxenxo