DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Martes, 22 de outubro de 2024 Páx. 56294

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 2024 pola que se autoriza a transmisión inter vivos da concesión administrativa e da batea Rava II.

Antecedentes:

1. O día 13 de setembro de 2024, María Dolores González Sánchez solicitou autorización para a transmisión inter vivos da concesión administrativa da batea Rava II.

2. A solicitante achegou escritura notarial outorgada con data do 28 de febreiro de 1992 (protocolo número 513) pola que se lle adxudicou a concesión da batea Rava II, situada na cuadrícula 247 do polígono E de Caramiñal.

3. A solicitante achegou a documentación requirida para a súa tramitación.

Consideracións legais e técnicas:

1. A competencia para ditar esta resolución correspóndelle ao conselleiro do Mar, de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, e coa Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

En virtude da Orde do 21 de febreiro de 2022, de delegación de competencias, delégase a competencia de resolver nas persoas titulares dos departamentos territoriais da Consellería do Mar.

2. O procedemento tramitouse de conformidade co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

Autorizar a transmisión inter vivos da concesión administrativa do seguinte viveiro:

Tipo: batea.

Nome: Rava II.

Situación:

Cuadrícula nº: 247.

Polígono: E.

Distrito: Caramiñal (A Coruña).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 5.11.1976.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actuais titulares: María Dolores González Sánchez (***4998**) e José García Saavedra (***5150**).

Nova titular: María Dolores González Sánchez (***4998**) (100 % privativa).

A nova titular da concesión queda subrogada nos dereitos e obrigas dos anteriores, desde o momento da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, ante a persoa titular da Consellería do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), e no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (BOE núm. 167, do 14 de xullo).

A Coruña, 30 de setembro de 2024

O conselleiro do Mar
P.D. (Orde do 21.2.2022)
María José Cancelo Baquero
Directora territorial da Coruña